12/26/2010

Festival de Nadal

Boas Festas e Feliz Aninovo, dende o Ceip As Covas.

12/13/2010

PINTORA: FRIDA KAHLO




























Os chicos e chicas de 5 anos estiveron a traballar a vida e a obra da pintora mexicana Frida Kahlo.
Como o tema proposto pola Biblioteca do Centro para este curso é a alimentación, fixeron a súa propia interpretación (con acuarelas) do cadro titulado "Sandías con leyenda: viva la vida", ... e quedoulles así.
Fixeron tamén un retrato de Frida e descompuxeron a súa foto nun puzle.
A profe Montse prestounos varios libros de Frida para que os miraramos na clase.
Raquel V.

12/06/2010

Cantamos os pitiños, o moucho e aquela de antes de dicia: polo fondo do mar....

Mirádeme! Son eu! Fíxate ben! .... algún e algunha tiñan a boca aberta!

O moucho .....

Polo fondo do mar......

Festival de Tino Baz en Meaño

O Ceip As Covas de Meaño polo 125 aniversario do falemento de Rosalía de Castro, fixo unha gran festa, para lembrar a súa obra, onde as nenas e nenos de primaria recitaron poemas e escoitamos a Tino Baz, acompañando polos nosos mestres: Paulo Nogueira e Alberto Giadanes.
Foi moi emocionante e moi fermoso, era o mellor homenaxe a unha das nais da nosa lingua, Rosalía está viva en todos nós.

Algúnhas e algúns quedamos abraiados coa aberta!

12/05/2010

TINO BAZ e Rosalía de Castro









O venres, día 3 de decembro, chegou á escola Tino Baz para cantarmos poemas de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de Infantil tiñamos ensaiadas dúas cancións co profe Alberto para cantalas con Tino.

Gustounos moito a súa actuación ... e cando arremangou o xersei vimos que tiña unha tatuaxe de Rosalía de Castro no brazo. Nós non tiñamos tatuaxe, ... pero levabamos unha pegatina no mandilón e unhas estreliñas nas palmas das mans.

Cando rematou de cantar, dixemos todos: OUTRA!!!! ... e cantou outra, ... e logo outra máis.

12/04/2010

PINTOR: SALVADOR DALÍ.






Na clase de 5 anos estamos a traballar un pintor ou pintora cada mes. No mes de outubro traballamos a Salvador Dalí. Partimos do conto "El pequeño Dalí" e metémonos un pouco na súa vida e na súa obra.
Fixemos un bigote moi longo para parecermos un pouco a Dalí ... e somos igualiños a el.
Tamén traballamos o retrato, e cadaquén fixo un retrato de Dalí.
Pintamos con acuarela "Muchacha en la ventana", e descompuxemos un cadro de Gala para faceren un puzle.
.... e quedounos así. 
Raquel V.

11/30/2010

Dentes limpísimosssssssssss.











Como todos os anos, a Consellería de Sanidade pon en marcha a campaña de saúde bucodental e agasalla aos nenos e nenas dos Centros escolares con cepillos de dentes.




Para aprender a ter unha boca sa e limpa, os nenos e nenas de 5 anos estiveron a cepillar os dentes nunha boca moi .... moi ... moi grandota. Tamén contaron os dentes e as moas, observaron as diferentes formas que teñen os dentes, o tamaño que teñen, a súa cor ... e compararon as súas bocas, abertas e pechadas.




Foi divertidísimo. Ó rematar as clases cadaquén levou o seu cepillo de dentes para casa.




Raquel V.

11/29/2010

20 de novembro: Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.



Estes días as profes de Infantil estiveron a contarnos un conto moi especial: EL PEZ ARCOIRIS, para traballar os Dereitos da Infancia.
Fixemos un peixe enorme e cada aula encargouse de decorar dúas ou tres escamas: pegando papeis, pintando con ceras, pegando botóns, poñendo gomets ... e escribindo un dereito dentro de cada escama.
Colgamos o noso peixe no corredor de E.I., ... e quedounos así...

11/25/2010

Outono nos xardíns da escola.






Coa chegada do outono, os nosos xardíns cúbrense cunha mantiña de follas de moitas cores, ... e a nós o que máis nos gusta é botarnos enriba delas e xogar.!!!!
Tamén descubrimos os cogumelos entre as plantas, ... e eran grandes, medianos e pequenos ... coma nós.
Foi moi divertido e pasámolo moi beeeeeeeeeen.

Unha regata contra o cancro



Estivo no noso Cole un membro da tripulación do barco Central Lechera Asturiana, para recaudar fondos para a Asociación Española contra el Cáncer.
Explicounos que o barco vai participar nunha regata, e que nós podiamos asinar na vela a cambio de 1 €. Todos os € recaudados serán destinados a loita contra o cancro.
Na sinatura da vela participou case todo o alumnado do Colexio.

11/24/2010

O noso Magosto




Este Magosto fixemos un circuíto de xogos todos os nenos e nenas de E.I.:
  • buscamos tesouros nun cofre ... eran castañas brillantes,
  • probamos a nosa puntería xogando á ra ...,
  • e tamén metendo aros nos conos. É moi difícil!!!
  • tivemos que levar unha castaña nunha culler na boca ... sen caerse,
  • bailamos emparellados e ben apretadiños para que a castaña non caese ó chan,
  • e logo, xogamos ao xogo das sillas. Pasámolo moi beeeeeen.

Os nenos de E.I. trouxemos cabazas da casa e decorámolas con pegatinas, las, anteollos e moitas cousas máis. Puxémosles sombreiros, ollos, babeiros, perrucas....e foi moi divertido. Logo fixemos unha exposición na entrada do cole con todas, e gustounos moito.

11/23/2010



Ese día tamén estivemos no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

11/19/2010

De onde vimos? Quenes somos?

Se queredes saber a orixe dos apelidos. Clicade neste enlace. Sorte.

10/26/2010



O pasado día 22 de outubro as nenas e nenos de catro e cinco anos visitamos a casa de Rosalía de Castro en Padrón.
Foi moi, moi interesante.


(Selecionar Concello: Padrón e Lugar: Museo Rosalía)