O venres, día 3 de decembro, chegou á escola Tino Baz para cantarmos poemas de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de Infantil tiñamos ensaiadas dúas cancións co profe Alberto para cantalas con Tino.
Gustounos moito a súa actuación ... e cando arremangou o xersei vimos que tiña unha tatuaxe de Rosalía de Castro no brazo. Nós non tiñamos tatuaxe, ... pero levabamos unha pegatina no mandilón e unhas estreliñas nas palmas das mans.
Cando rematou de cantar, dixemos todos: OUTRA!!!! ... e cantou outra, ... e logo outra máis.
1 comentario:
foi todo un acerto!! aquel día o neno chegou moi moi contento. agora xa entendo o motivo da foto de Rosalía de Castro que trouxo...
Publicar un comentario