1/31/2014

Visita de Anxo Moure


Esta semana celebramos no cole a Semana da Paz e para iso, o luns recibimos unha visita moi especial: Anxo Moure (e a súa 'ciclobiblioteca' cargada de contos e personaxes especiais... ademais do 'PAZtinete'!!!!)
Fíxonos rir e disfrutar coas súas historias, o seu humor, a súa mímica... e  mantivo a todos os nenos e nenas (e profes!) que o escoitaban, totalmente atent@s e expectantes.
Moitas grazas por vir e facernos pasar un día tan especial!!





Día da Paz

1/29/2014

Pintora: Tatiana Cañas

Na clase de 5 anos estivemos estas semanas a traballar a PAZ e partimos dunha obra desta pintora salvadoreña titulada "Vida, paz y libertad". Falamos das cores que emprega, do que vemos neste cadro, das siluetas que non teñen cara ...
Fixémolos con témperas e quedaron así.






Uxía en concerto


Festival do Nadal na escola





1/17/2014

Concurso de Nadal

Este ano tamén participamos no concurso do concello de Nadal.
O noso Belén dos medios de transporte gañou o primeiro premio (alguén o dubidaba?) e... en Infantil tamén gañamos o 2º premio co traballo feito pola clase de 5 anos... aínda que os tres eran merecedores de premio!! Aí os tedes: