6/12/2014

Excursión a Lalín

Para rematar o curso, fixemos unha excursión conxunta todo alumnado e profesorado do Cole.
Este ano, visitamos 'A casa do Patrón', en Lalín. Un conxunto de casas e roteiros na natureza, onde fixemos un obradoiro de queixo, coñecemos cómo se vivía antes nas aldeas, qué oficios máis tradicionais se levaban a cabo, cómo facían o pan, cómo mallaban, cómo facían a roupa de la, nos telares, etc.
Comemos e merendamos tod@s xunt@s no prado... Demos un paseo pola sombra... e á volta, no autobús, foron quedando durmidos (algúns e algunhas...)

Ningún comentario: