6/16/2014

Visita a 1º

Hoxe fixemos unha visita ás aulas de 1º A e 1º B. Tiñamos preparadas unhas preguntas para os chicos e chicas da profe Magoia e a profe Laura: "por que non levades mandilón?", "como son os exames?", "tedes encargadillo?", "a que xogades no patio?" .... e moitas máis.
Con moooooita paciencia contestaron a todas elas e nos ensinaron as súas aulas e como traballan.
En 1º B escoitamos atentos o conto "Nicomedes o pelado", e en 1º A fixeron un debuxo para cada un de nós. Moitas grazas a todos e ás súas mestras.
Logo, no patio, merendamos xuntos e xogamos.
Que grande é o patio dos maiores ... e que duro !!!. Gabriela e Tania cairon e pelaron un poco os xeonllos.




Ningún comentario: