6/12/2017

... pío ... pío

Hoxe estivemos a visitar a incubadora ... porque deste segundo intento, estabamos seguros de que naceran os pitiños. 
... e así foi !!! ... Foi un momento moi especial ... caían moito ao poñerse de pé ... andaban abaneando para os lados. Nós falabamos baixiño para que non se asustaran. Démonos conta de que lles gusta estar moi xuntos, para darse calor. 
Co paso dos días irán nacendo todos ... e xa vos iremos contando.


Ningún comentario: