5/06/2014

Víchedelo Maio...

O pasado mércores, 'démoslle a benvida' ao Maio facendo o noso Maio dos pequeniños, como novidade este ano. O papá de Brais e Iria, fíxonos un ben bonito!!! Moitas grazas, outra vez! 
Estivemos facendo colares de pampullos para nós... e logo tamén para o Maio. 
Veu ás nosas clases o profe Alberto ensaiar a copla do Maio (tamén especial para nós) e maquillámonos de 'maio', con flores de cores. 
Despois, no recreo, decoramos o maio con laranxas, fiúncho, cadeas de ovos e flores...e coa gran axuda dos nen@s maiores e os seus/as súas profes... que traballaron toda a mañá a reo para que todo quedara perfecto... e ao final, recollido!! 
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!! 
Para rematar a festa xuntámonos tod@s ao redor do maio para cantar as coplas.



Ningún comentario: