11/27/2013

Os dinosauros viñeron a Vigo

...E os nenos e nenas de 4 e 5 anos  (coas súas mestras), os foron ver.
Ao principio, a algún nos daba un pouco de medo, pero @s nen@s maiores nos tranquilizaban dicindo que 'eran robots de dinosauro' e que o ruído que facían era 'unha cinta'... Non sei, non sei se eran tal, pero enseguida perdemos o medo e pasámolo fenomenal!!!
Demos un paseo vendo os dinosauros grandes, pequenos, os que comían follas, os que comían outros dinosauros, con ás, con grandes dentes...
Vimos unha peli en 3D e rematamos facendo unha foto tod@s xunt@s.



Ningún comentario: