O luns, cando chegamos á clase, atopamos unha caixa cunha mensaxe e .... sabedes ???. dentro había moitas cousas terroríficas: cabazas, arañas, un conto de medo ... e algúns caramelos.
Fixemos máscaras de momia, caveira ..., trouxemos cabazas da casa ...
O mércores a aula de música daba moito medo a escuras e coas cabazas iluminando. A profe Noelia contounos a tod@s o conto "gato Guille e os monstros".
Moitas grazas ás familias por ter colaborado coas cabazas decoradas e os terroríficos doces. !!!!!
1 comentario:
Que ben o pasades¡¡¡ Feliz Samín¡¡¡
Un bico profe Raquel, e outro enorme para os nen@s
Charo
Publicar un comentario