2/05/2016

Entroido

Esta semana nosa clase, e tamén nas outras aulas de infantil, estivo a vestirse o peliqueiro.
Sabedes ??? Hugo vestiuse de oso de Salcedo, porque ese día era o "encargadillo". Como o traxe  quedáballe grande, axudoulle a profe Lara a poñelo. Vaia !!! si que daba medo !!! pero nós non nos asustamos.
Este curso o tema da Biblioteca da escola é "A pintura" .... por iso o noso entroido estivo cheo de cadros famosos, pintoras e pintores, ladróns ... e tamén o peliqueiro, o boteiro, a pantalla e o oso de Salcedo.
Pasámolo moi ben. Baixamos ata o Concello e alí cantamos. Á volta merendamos orellas e filloas ... ben ricas !!!. Moitas grazas para Lara e a súa familia que trouxo doces de chocolate para todos.
Moitas grazas tamén ás familias pola súa colaboración.




Ningún comentario: