12/17/2013

Fundación Laxeiro

En Vigo...
O día 4 de decembro os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos a Fundación Laxeiro. Como xa traballaramos nas nosas aulas a Laxeiro e a súa obra, ese día soábannos moitas cousas e moitos cadros.
Mentres uns visitaban a Fundación, outros iamos dar unha volta pola cidade... e chegamos ao peirao!!! Alí había atracado un xigante barco alemán e fixemos a foto con el. 


Ningún comentario: