3/06/2015

Día da muller traballadora

Como xa temos feito este curso en outra ocasión, hoxe xuntamos as aulas de 3 anos e 6º curso.
Fixémolo esta vez para colaborar buscando noticias nos xornais sobre mulleres que desenvolven diferentes traballos na política, no deporte, na agricultura, no exército ... , xa que o 8 de marzo é o Día mundial da muller traballadora.
Foi unha sesión moi interesante e divertida. Ao rematar fiemos un mural no corredor con todas as noticias aportadas por todos os cursos.
Gústanos moito esta dinámica de mesturar as aulas dos peques coas dos maiores !!!



Ningún comentario: