En 4 anos, os primeiros días, ademáis de recordar as nosas normas, fixemos un xogo de saúdo porque facía moito que non nos viamos...:
Tamén fixemos un xogo de partes do corpo: cando a música paraba e a profe ensinaba un cartel cunha parte do corpo, cada un tiña que tocar esa parte dun compañeir@:
...e xogamos libremente con obxectos, neste caso eran panos, cordas, saquiños e periódicos:
Por último, o xogo do despertador: mentres tod@s durmían, o 'despertador' tiña que atopar o 'botón' que espertaba aos nen@s:
Ao final, sempre falamos do que nos pareceu a sesión e neste caso había a quen lles gustou e a quen non... á maioría que non lles gustou foi porque non deu tempo a máis ou porque tod@s querían ser despertador...
En 5 anos, fixemos as mesmas actividades, pero no pavillón:
Saúdos:
Partes do corpo:
O despertador:
Xogo libre:
Ningún comentario:
Publicar un comentario