Co profe Alberto traballamos calidades do son: agudo-grave, rápido-lento, ... e fixemos varios xogos para recoñecer instrumentos, animais ....
Con Alia escoitamos os latexos do corazón. Explicounos que é un fonendo e como funciona. Foi un momento cheo de sorpresas porque algúns esccoitaban "glu glu", "porrón porrón", "tic tic". Alguén tivo que facer varios intentos ... porque ... "non se escoita nada nada".
Escoitamos tamén o silencio, pero ... moooooi pouco tempo !!!!.
Foi unha actividade moi divertida e na que aprendemos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario