2/14/2012

Peliqueiro

O noso Colexio anda moi animado. Sabedes por que é ???
Anda a percorrer as aulas e os corredores alguén que nunca tiñamos visto.
Leva un gorro enorme e unha máscara, fai moito ruído e leva unha vara moooooi longa na man.
Non fai mal ningún .... pero non todos queren achegarse a coñecelo. É o Peliqueiro.
Nas aulas estamos a coñecer moitas cousas sobre él ....   Trátase dunha figura popular do Entroido galego.
Xa vos iremos contando máis cousas.!!!!
Moitas grazas ás persoas que colaboraron na elaboración do traxe.
Raquel V.




Ningún comentario: