4/30/2014

coser e cantar ... o Maio

Hoxe foi un día de festa no colexio. En todas as aulas houbo moito nerviosismo e moito traballo.
Como facía moi mal tempo, non saímos ao patio e quedamos na nosa clase a recortar os pampullos para faceren os colares.
Merendamos, repasamos a copla do Maio co profe Alberto e estivemos a "cantaruxar" toda a mañá.
Coser é moi fácil para as nenas e nenos de 5 anos,  ja, ja ... aínda que o fío escapa moitas veces da agulla. 
Xa vos contaremos máis cousas ...




Ningún comentario: