2/27/2013

5 sentidos: o gusto

Para experimentar co gusto tapamos o nariz e os ollos. Pensabamos que había moitos sabores, pero en realidade soamente son 4, ... os demais son aromas.
Probamos moitas cousas: allo, cebola (algunha mamá non creerá que o seu fillo masticou e tragou tal cousa), pomelo, laranxa, pementa, auga salgada e doce, chocolate, cenoria ...
Foi divertido, sobre todo os comentarios dos nenos: "sabe a playa ... a mar", "sabe a rico" (penso que este sabor non existe ... aínda), "sabe a agua del baño", "sabe a fataaaaal".
Foi unha experiencia moi interesante, e contamos coa axuda da profe Monse.
Por certo, as profes démonos conta de que ó ter os ollos tapados, os nenos falaban moito máis alto do habitual.

Querémoslle mandar un bico MOOOOI  SABROOOSO  á profe Silvia que nos mandou un saúdo desde o blog.






Ningún comentario: