Este venres rematamos as clases, pero ao longo do mes de xuño estivemos a facer unha manualidade con
papel maché. Levounos moito tempo e bastante traballo. Cadaquén fixo unha figura con papel de xornal:
xoaniña,
flor, árbore, bolboreta, abella, ..., logo botamos cola e pegamos papel, deixámolo secar e ... máis papel, outra vez a secar (tardou bastante porque botamos moooita cola).
Finalmente pintamos as figuras e quedaron moi ben.
Grazas profe Ana pola túa axuda en todo o proceso !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario