Estivemos a facer unha actividade moi ineresante na clase. Queriamos saber que pasa no estanque do cole.... e quen vive alí. Fixemos varias visitas e observamos as plantas, os peixes e as ras. Centrámonos sobre todo nas ras e quixemos observalas máis preto. Escribimos unha carta a@s chic@s de 3º A ... porque sabiamos que alí hay expertos en atrapar ras vivas.
Noé e os seus compañeir@s, xunto coa profe Angie, trouxeron dous tritóns, "renacuajos" e unha ra.
Tivémolos na clase e estivemos a observalos ... como se movían ... que cores tiñan ... cantas patas tiñan ... a súa forma ....
Logo dun tempo, e coa axuda da profe Lara, levámolos ao estanque e soltámolos alí. De cando en vez subimos a facerlles unha visita...
Ningún comentario:
Publicar un comentario