Comezamos a traballar outro pintor... Joan Miró.
Esta semana falamos das cores de Miró, as 6 que sempre empregaba nos seus cadros: vermella, amarela, azul, verde, negra e branca.
Empregaba moitas formas xeométricas que nós xa coñecemos... e tamén lle gustaba pintar animais nos seus cadros: paxaros, galos, peixes, insectos...
Fixémolo moi despaciño... eran moitas cores e o cadro un pouco difícil: "Xardín" !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario