11/20/2015

Aprendemos matemáticas con abn

Levamos estes meses a traballar os números e as matemáticas co cálculo abn. 
Empregamos os dados, contamos, facemos series, facemos emparellamentos, equivalencias, asociacións, contamos cara diante e cara atrás na recta numérica...
Facémolo manipulando diferentes materiais e variando as actividades... ás veces no chan e outras nas mesas ou no recanto.
Para contar cara atrás @ encargadill@ pon o casco de astronauta e... a contar... 10..9..8..7... dependendo do día do mes que sexa...
Tamén aprendemos outros conceptos matemáticos con outras actividades.... xeoplanos, pinchos, figuras xeométricas.... Mirade como o facemos...!!!
Xa vos iremos contando máis cousas ...







Ningún comentario: