4/24/2017

A incubadora

O pai de Christian, un neno de primaria, trouxo unha incubadora para o cole. Fíxoa el ... con pezas recuperadas de outros aparellos.
Estivo explicándonos como funciona. Ten moitos botóns e é un pouco difícil para nós ... os maiores ocuparánse de que todo estea ben.
Explicounos todo o proceso ... os coidados que teñen que ter os ovos, luz, calor, movemento ...
Moooi interesante.!!!
Tamén nos dixo que non poden ser ovos do super.
Agora ... na nosa clase estamos a facer un rexistro diario do proceso despois de ir mirar como están os ovos.
Vaia.... !!! ... nós xa sabemos o que vai pasar despois de 21 días ... jaja

... xa vos iremos contando máis cousas ... pío pío...



Ningún comentario: