5/05/2015

Convivencia cos nen@s da gardería municipal

A semana pasada recibimos unha visita moi especial: os nenos e nenas (e as súas mestras) da gardería municipal viñeron pasar unha xornada con nós. E é que o ano que vén xa van ir ao cole 'dos maiores' e algúns e algunhas deles van vir ao noso!!!  Moit@s xa teñen aquí aos irmáns maiores, así que estaban dobremente content@s.
Merendaron con nós (repartidos nas tres aulas, xa que eran mooooitos!!!), fomos á aula de música co Profe Alberto, xogamos no patio tod@s xuntiños e para rematar contamos un contiño nas aulas.
Pasámolo mooooooi ben!!! E esperámolos outra vez moi pronto!!!






































Ningún comentario: