7/06/2016

RECOMENDACIÓNS PARA O VEŔAN

Un resumo da reunión de fin de trimestre de 3 anos sería:
- Calma
- Natureza (praia, parque, paseos polo río...)
- Tempo en familia
- Coidar a 'sobreestimulación' (nos xoguetes, nos lugares de xogo, na tele...) Debuxos lentos, sen violencia...
-Escoitar aos nen@s, contarlles contos, falarlles...
-'Deixar que medren': deixar chupetes, biberóns, falarlles en linguaxe adulto, non sobreprotexer, fomentar a autonomía...
- Que se movan, que trepen, que salten, roden, bailen, gateen, corran, suban escaleiras...
-XOGAR, XOGAR E XOGAR
-Que xoguen ao 'vexo, vexo', a puzzles, a construccións, a contar, a recortar, a 'escribir' e/ou recoñecer os nomes dos compañeir@s, xogar con letras móviles, debuxar, pintar, rasgar papel... pero LIBREMENTE, que están de vacacións!
-Xoguetes canto menos estructurados, mellor. Elementos da natureza: paos, pezas de madeira, cunchas, auga, terra, area...bonecos, peluches, coches... (coidar a BELEZA!)
- Que asuman pequenas responsabilidades, acordes coa idade:
. Facer a cama (ou axudar a facela)
. Poñer a mesa (e recollela)
. Axudar nas tarefas da casa: recoller os xoguetes e a roupa, ordenar os espazos comúns da casa...
. Vestirse só/soa
. Regar as plantas, recoller as pinzas, axudar a tender a roupa, barrer, cociñar...

Poden ser outras, as que teñades de rutinas na vosa casa. É mellor se as acordades cos nenos/as, así deberán responsabilizarse de facelas...
Pode ser con sistema de puntos, gomets, coma un xogo, etc. ou falando con eles e animalos a facelo (é un ben común)... Ao final da semana pode haber unha actividade especial en familia: parque, paseo, praia, cine...
IMPORTANTE: moita paciencia, normas poucas e claras e castigos coherentes (pérdida de privilexios)

Moitas gracias pola vosa colaboración. Vémonos en setembro.
Profe Luisa

E para rematar (aos que non puidestes asistir á reunión), déixovos un vídeo que ilustra cómo o mellor nestas idades é xogar e pasar tempo cos nen@s, que non nos saltemos etapas da infancia e que cada aprendizaxe cando toca...


¿Bailamos?  © por jafproducciones

6/15/2016

Aniversario con pintura

Hoxe celebramos na clase o aniversario de Lara. Cantámoslle todos e fixo un precioso cadro que colgaremos na nosa aula ... cando seque.
Mirade que bonito lle quedou !!!!





5/27/2016

Pegadas !!!!

Estes días estivemos a cambiar as portas dos baños de infantil ... e coa axuda da profe Lara todas as nenas e nenos deixaron as súas pegadas das mans e dos pés.
Foi unha actividade moi divertida ... e agora as portas quedaron ben bonitas  !!!!


5/19/2016

Letras Galegas

Un ano máis o Concello de Meaño anímanos a participar no concurso de ilustración de contos para conmemoraren o día das Letras Galegas.
A clase de 3 anos realizou unha reportaxe fotográfica de varios contos populares, clase de 4 anos ilustraron o conto "Cocorico"... e na clase de 5 anos "Don cabaliño de marrrr"
Parabéns para as chicas e chicos de 5 anos e as súas mestras, xa que lograron o 1º premio !!!!



5/12/2016

No mes de abril pasou esto...

Fixemos unha saída ao Mercado de Pontevedra:





Na nosa mesa de outono había moitos carozos e millo que xa se estaba a estropear, así que decidimos pintar tela para facer un vestido e convertir os carozos en bonecas... quedáronnos ben bonitiñas! O ano que vén máis... porque nos deu moito xogo!!





           

Xunto cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, preparamos a visita de Peter Punk, de Pallasos en rebeldía, falando de qué é un refuxiado, vendo e comentando imaxes de nenos e nenas que non teñen tanta sorte coma nós porque tiveron que fuxir e deixar as súas casas e falando do que era importante para nós... Entre todos preparamos un mural coas nosas 'maletas' e o importante que levaríamos nelas.

                                    

Na nosa clase ocorréusenos a idea de que nos viñera visitar alguén da nosa familia e facer algo con nós. Por iso redactamos unha carta entre todos e a profe a escribiu no ordenador:



                                                       

E... xa recibimos algunha visita!!! A mamá de Iria e Uxía veu contarnos dous contos e nos contou un pouquiño da súa profesión:

E a tía de Aroa ensinounos a facer magdalenas!! Encantounos!!





Para celebrar a primavera, estación na que florecen as árbores e se preparan as hortas, nós tamén quixemos poñer bonita a nosa mesa de estación plantando lentellas e fabas.
Primeiro, decorar a nosa maceta (un iogur)


 Logo poñer algodón:


Logo, regar:


E, pouco despois... nacer:


Ata as fabas naceron ben rápido e feitiñas:



Ademáis, cada día, na asemblea falamos un pouco de cómo nos sentimos, contamos algunha noticia da casa,  contamos cántos estamos e cántos faltan, facemos algún xogo de matemáticas manipulativas (abn) e rematamos con xogos de psicomotricidade: convertíndonos en leóns, crocodilos, serpes, medusas, etc, e así, reptamos, gateamos, xiramos... e pasámolo ben.



 


 
 


Para rematar o mes, celebramos o Maio, cosendo colares de pampullos e cantando o Maio.






5/11/2016

Aniversario con pintura

E despois de Yago .... Daniel cumple hoxe 5 anos. Decidiuse polas cores laranxa, azul e verde para facer o seu cadro. Felicitámolo e cantamos todos xuntos para el.
Sabedes ? Este mes tamén é o aniversario da profe Lara e da profe Lidia.




5/09/2016

Aniversario con pintura

Hoxe Yago cumple 5 anos. Nun día tan especial fixo o seu cadro e escolleu para facelo as cores azul, vermella e amarela. Decorou a súa coroa e cantámoslle "cumpleaños feliz".
Este é o seu cadro. Mirade como o fixo.!!!


4/29/2016

Festa dos Maios

Como todos os anos... hoxe celebramos a festa dos Maios no colexio. Fixemos colares, pulseiras e coroas para o Maio e para nós. En infantil sabemos coser moi ben... os nenos de 3 anos tamén coseron. Gustolles moito esta festa.
Mirade que guapas e guapos están. !!!  Ao final  cantamos unha cantiga todos xuntos
Moitas grazas as familias pola súa colaboración.




4/26/2016

As plantas dos pés

Na nosa aula estamos a traballar as plantas. Estivemos a trabajar tamén sobre todo o proceso ... sementar, regar ... Escollemos bulbos de diferentes plantas con flor ... Agora soamente temos que esperar e velas medrar ... traballamos así tamén a paciencia. Cando remate o curso, levaremos as plantas para casa.
Podedes velas colgadas na gaiola  que está no patio cuberto.
Moitas grazas ás familias por ter colaborado con nós.


4/25/2016

Peter Punk

Hoxe estivo no noso cole Peter Punk, un pallaso que pertence a un movemento que se chama "Pallasos en rebeldía" e que traballa cos refuxiados sirios de Idomeni. Faloulles aos nenos de primaria de como é a vida nos campos de refuxiados, das súas carencias, de por que fuxen do seu país ...
O seu traballo baséase en axudar aos nenos e maiores a gozar con pequenos momentos divertidos .... nesa terrible situación na que viven..
Fixo para nós unha bonita e divertida representación e fixo participar a varios alumnos de infantil e primaria.
Moitas grazas as familias por ter participado coa súa aportación económica.



4/22/2016

Día do Libro

Hoxe celebramos no cole o Día do LIbro, como todos os anos. Emparellados maiores e pequenos, tiñan preparado un conto que traían da casa ... ou da biblioteca do colexio, para contar á súa parella.
Escolleron o recanto que máis lles gustou para facelo .... aínda que este ano mooooitos elixiron a zona do estanque. Fixo moi bo tempo ... Mirade como lles gusta ler !!!!



4/21/2016

No teatro ...

Hoxe estivemos en Pontevedra para ver unha representación musical da compañía Mamá Cabra.
Gustounos moito porque cantamos todo o tempo. Xa coñeciamos algunhas cantigas ... que temos traballado co profe Alberto en música.


4/19/2016

Aniversario con pintura

Hoxe Candela cumple 5 anos !!!. Seguimos na clase coa actividade de pintar un cadro nun día tan especial. Escolleu as cores laranxa, lila e rosa para facelo. Tod@s nós cantamos para ela e a felicitamos.
Este é o seu cadro.


4/15/2016

No mes de marzo pasou esto...


Fixemos bonecos de neve para a nosa mesa de estación...



Preparamos a nosa portada dos traballiños de Semana Santa, un polo de Pascua con papeliños:


E, tódolos días facemos relaxación e atención plena... Algunha vez despois dos recunchos, outras ao vir do recreo... volvemos á calma despois da actividade. Pode ser con masaxe cunha pluma, cun masaxeador-tren de rodas, ou por parellas recitando: 'Un neno hai aquí'... Pasámolo pipa!!










E en corro xogamos a pasarnos a 'botella da calma' ou o 'gusano do silencio'. Pedímolo por favor e esperamos o turno...

 
































E rematamos o mes cunha sorpresa!! Recibimos a visita na nosa clase dun pirata moi especial que non tiña nome!! Pero que nos escribía unha carta pedíndonos un nome e... invitándonos a visitar unha praza de abastos!!
Enseguida, entre todos, decidimos chamarlle Juanito, porque despois de moito dialogar... non podía ser que non tivera nome alguén: todos temos nome!!






E cumpliron 4 anos Noelia e Bruno. Para celebralo, pintaron os seus debuxos reservados: