6/28/2011

Vídeo Festival 2011


Un ano máis, un curso máis...tantas experiencias.
Felices vacacións a tod@s!!
Ata o vindeiro curso!!


6/08/2011

Peque ... visita.

Onte recibimos no Cole aos nenos e nenas que van a empezar a escola o próximo curso.

Uns viñeron acompañados das súas mamás e papás, e outros das súas profes da guardería.
Ensinámoslles o Colexio, ... estivemos a cantar, bailar e tocar varios instrumentos na clase do profe Alberto.
Logo estiveron nas aulas de E.I. colorando e xogando.
Sabedes ???? ...algúns xa teñen irmáns maiores no Cole.
Tamén estivemos a xogar no patio, ... e máis tarde ensinámoslles o estanque e o horto.
... vémonos en setembro !!!!






6/05/2011

Ratoncito Pérez

Este curso, na clase de 5 anos , recibimos moitas veces a visita de Ratoncito Pérez.
O certo é que ... ver, o que se di ver, nós aínda non o vimos, ... pero estivo varias noites nas casas d@s nen@s, ... e coa súa mochila chea de agasallos.
Seguro que antes de que remate o curso aínda volve por aquí.

Raquel V.





Nós tamén sabemos ... pescar

As nenas e nenos de 5 anos estivemos a pescar na clase.
Parecíanos moi... moi ... moi fácil. Pero non é tal !!!
Tivemos que facer varios intentos antes de conseguir enganchar o anzó co peixe.
Bueno ... a algúns levounos máis tempo ca outros. Pero é realmente divertidísimo.

Moitas grazas profe Pilar de 4 anos por emprestarnos o voso xogo.

Raquel V.





6/03/2011

Antonio o "Parapeta"

      Hoxe estivo no Colexio un pescador moi especial: Antonio o Parapeta.
Ten nome de pirata, .... pero non é un pirata, aínda que ten navegado por moitos mares e océanos.
   Trouxo moitas cousas  moi interesantes ... corais, peixes, cunchas, cabaliños de mar, espadas de peixe espada, ...
Estivo a explicarnos todas as dúbidas que tiñamos e a respostar ás nosas preguntas.






5/28/2011

Experimentos coa auga

     Este trimestre estivemos a traballar nun proxecto sobre a auga. Fixemos moitos experimentos para descubrir o que pasa.
         Botámoslle auga e azucre para cambiarlle o sabor, cambiámoslle a cor con témperas, .... que pasa se lle mesturamos aceite? .... e se lle botamos cacao?
           Logo investigamos que cousas afunden na auga e cales flotan.
Foi moi divertido .... e ademais aprendimos moitas cousas.




Raquel V.




5/19/2011

Concurso de murais: Letras Galegas







Como ven facendo en anos anteriores, o Concello de Meaño organiza un concurso de murais infantís para conmemorar o día das Letras Galegas.

Este ano a decisión era dificilísima, porque as 4 aulas de E.I. fixemos un traballo estupendo ... e por iso obtivemos o 1º e o 3º premio.

Aquí tedes os nosos murais.

O horto: xa estamos todos


Como viñamos contando, seguimos a regar todas as plantas que sementamos ... e agora os paxaros xa non aparecen polo noso horto, sabedes ???? ... Xa estamos todos !!!
Preséntovos a Caracola, o espantallo de 3 anos A e tamén  a Dora, de 3 anos B.

Xa vos iremos contando máis cousas ... moi pronto.

5/17/2011

Día do Libro e Letras Galegas

     Onte, 16 de maio, celebramos no Centro o Día do Libro (23 de abril) no que se conmemora a morte de grandes autores como Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega.
Fixémolo nos distintos espazos exteriores do Colexio e coa colaboración das alumnas e alumnos de 5º e 6º, que estiveron a ler contos a todos os outros cursos en diferentes grupos.
Foi unha experiencia moi interesante.

Finalmente, catro alumnos de 6º leron para todos nós a vida e obra de Lois Pereiro, autor que este ano conmemora o día das Letra Galegas.




5/13/2011

Concerto didáctico

  As nenas e nenos de Educación Infantil, e toda Primaria, estivemos o mércores no Colexio de Coirón-Dena para ver unha representación do grupo de teatro Conta e Canta coa obra " Son + D2 Concerto Didáctico".

     Foi divertidísimo ... cantamos, bailamos fixemos xestos coas mans.

Logo pediron voluntarios para saír ao escenario, e do noso Cole saíron Alba, Miguel e Yeray.

Cantaron e bailaron moi beeeeeen.!!!!!!!!!!!





5/10/2011

Naceu YAGO

Onte naceu YAGO, o fillo da profe María.

As nenas e nenos de Educación Infantil as súas profes mandámoslles moitos moitos moitos bicos aos dous, ... e tamén a NEREA, a súa irmá maior que é alumna de 3 anos A.

5/06/2011

Naceu SABELA

   As nenas e nenos de Educación Infantil, e as súas profes, queremos felicitar á profe Laura e ó profe Alberto ... porque xa teñen á súa filla SABELA no colo. 

   É moi bonitiña. Ten o pelo escuro e a pel moreniña .... e ademais é moi boa (dixo a profe Laura).
O profe Alberto xa sabe cambiar cueiros.

.... moitos bicos para os tres

4/30/2011

PINTOR: ANTONI TÀPIES

As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a traballar ao pintor barcelonés Antoni Tàpies.
Partimos do conto ¡Buenos días, señor Tapies!
Descompuxemos a súa foto nun puzzle e aprendimos que tipo de materiais empregaba para crear as súas obras artísticas....



Utilizamos corchos, varas, parafusos, témpera, cables, cordas, botóns, material de refugallo ... Levounos moito tempo porque había que pegar moitas cousas.


... e así interpretamos nós a obra de Tàpies. Que vos parece ???
Todas as obras son moi diferentes ... e gustounos moito traballar a Tàpies.
Raquel V.






4/29/2011

Hoxe celebramos o Maio

Hoxe celebramos o Maio no Colexio. Participamos todos os cursos.
As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a facer colares e pulseiras cos pampullos ... porque xa sabemos coser moi ben !!!!
Os prof@s decoraron o Maio e os nenos e nenas de primaria cordas de ovos e laranxas.
Tamén cantamos as coplas que tiñamos preparado co profe Alberto. Todo saíu moi ben e o Maio quedou precioso.
... e tamén queremos felicitar ás nosas mamás.





Bailando o aro

Este curso no patio de Educación Infantil divertímonos moito bailando o aro e saltando á corda.
Practicamos moito, moito, moito ..... e mirade que ben o facemos!!!!!
.... e tamén se atreve ... o profe Sergio.