5/28/2011

Experimentos coa auga

     Este trimestre estivemos a traballar nun proxecto sobre a auga. Fixemos moitos experimentos para descubrir o que pasa.
         Botámoslle auga e azucre para cambiarlle o sabor, cambiámoslle a cor con témperas, .... que pasa se lle mesturamos aceite? .... e se lle botamos cacao?
           Logo investigamos que cousas afunden na auga e cales flotan.
Foi moi divertido .... e ademais aprendimos moitas cousas.




Raquel V.




5/19/2011

Concurso de murais: Letras Galegas







Como ven facendo en anos anteriores, o Concello de Meaño organiza un concurso de murais infantís para conmemorar o día das Letras Galegas.

Este ano a decisión era dificilísima, porque as 4 aulas de E.I. fixemos un traballo estupendo ... e por iso obtivemos o 1º e o 3º premio.

Aquí tedes os nosos murais.

O horto: xa estamos todos


Como viñamos contando, seguimos a regar todas as plantas que sementamos ... e agora os paxaros xa non aparecen polo noso horto, sabedes ???? ... Xa estamos todos !!!
Preséntovos a Caracola, o espantallo de 3 anos A e tamén  a Dora, de 3 anos B.

Xa vos iremos contando máis cousas ... moi pronto.

5/17/2011

Día do Libro e Letras Galegas

     Onte, 16 de maio, celebramos no Centro o Día do Libro (23 de abril) no que se conmemora a morte de grandes autores como Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega.
Fixémolo nos distintos espazos exteriores do Colexio e coa colaboración das alumnas e alumnos de 5º e 6º, que estiveron a ler contos a todos os outros cursos en diferentes grupos.
Foi unha experiencia moi interesante.

Finalmente, catro alumnos de 6º leron para todos nós a vida e obra de Lois Pereiro, autor que este ano conmemora o día das Letra Galegas.




5/13/2011

Concerto didáctico

  As nenas e nenos de Educación Infantil, e toda Primaria, estivemos o mércores no Colexio de Coirón-Dena para ver unha representación do grupo de teatro Conta e Canta coa obra " Son + D2 Concerto Didáctico".

     Foi divertidísimo ... cantamos, bailamos fixemos xestos coas mans.

Logo pediron voluntarios para saír ao escenario, e do noso Cole saíron Alba, Miguel e Yeray.

Cantaron e bailaron moi beeeeeen.!!!!!!!!!!!





5/10/2011

Naceu YAGO

Onte naceu YAGO, o fillo da profe María.

As nenas e nenos de Educación Infantil as súas profes mandámoslles moitos moitos moitos bicos aos dous, ... e tamén a NEREA, a súa irmá maior que é alumna de 3 anos A.

5/06/2011

Naceu SABELA

   As nenas e nenos de Educación Infantil, e as súas profes, queremos felicitar á profe Laura e ó profe Alberto ... porque xa teñen á súa filla SABELA no colo. 

   É moi bonitiña. Ten o pelo escuro e a pel moreniña .... e ademais é moi boa (dixo a profe Laura).
O profe Alberto xa sabe cambiar cueiros.

.... moitos bicos para os tres

4/30/2011

PINTOR: ANTONI TÀPIES

As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a traballar ao pintor barcelonés Antoni Tàpies.
Partimos do conto ¡Buenos días, señor Tapies!
Descompuxemos a súa foto nun puzzle e aprendimos que tipo de materiais empregaba para crear as súas obras artísticas....



Utilizamos corchos, varas, parafusos, témpera, cables, cordas, botóns, material de refugallo ... Levounos moito tempo porque había que pegar moitas cousas.


... e así interpretamos nós a obra de Tàpies. Que vos parece ???
Todas as obras son moi diferentes ... e gustounos moito traballar a Tàpies.
Raquel V.






4/29/2011

Hoxe celebramos o Maio

Hoxe celebramos o Maio no Colexio. Participamos todos os cursos.
As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a facer colares e pulseiras cos pampullos ... porque xa sabemos coser moi ben !!!!
Os prof@s decoraron o Maio e os nenos e nenas de primaria cordas de ovos e laranxas.
Tamén cantamos as coplas que tiñamos preparado co profe Alberto. Todo saíu moi ben e o Maio quedou precioso.
... e tamén queremos felicitar ás nosas mamás.





Bailando o aro

Este curso no patio de Educación Infantil divertímonos moito bailando o aro e saltando á corda.
Practicamos moito, moito, moito ..... e mirade que ben o facemos!!!!!
.... e tamén se atreve ... o profe Sergio.





4/28/2011

Espantoso e nós

As nenas e nenos de 5 anos fixemos a Espantoso na nosa clase. Trouxemos roupa vella da casa para vestilo, ... e logo fixemos a cabeza.
Tiña que ter unha cara moi moi moi fea para asustar aos paxaros. 
Uxía dixo que podiamos pintarlle a cara de dúas cores ... e o fixemos.
Logo fixemos unha votación para elixir o seu nome ... e decidimos que sería Espantoso, polo feiiiiiiiisimo que é.







O horto

Todos os cursos sementamos no horto do colexio.
As nenas e nenos de Educación Infantil fixemos 6 equipos e sementamos fresas, pipas de xirasoles, fabas, cenoiras...
Cada semana retiramos as herbas e tamén regamos.
 Sabedes???? ... para que os paxaros non coman as nosas plantas, en cada aula construímos un espantallo. 
O espantallo de 5 anos chámase Espantoso. O de 4 anos chámase Non sei.
Xa vos presentaremos os espantallos de 3 anos cando estean rematados.



... e despois de sementar ... hai que regar.

  






2º trimestre: ovos de Pascua

Antes das vacacións estivemos moi atareados as nenas e nenos de 5 anos: coas témperas decoramos ovos de Pascua.
Utilizamos moitas cores ... e quedaron así de bonitos.





Rematamos o 2º trimestre.

Este trimestre foi moi longo e na clase de 5 anos estivemos a traballar moitas cousas.
Aprendimos como funcionan algunhas máquinas e para que serven.
Tamén construímos un robot.
... e finalmente fixemos unha excursión cos alumnos/as de 1º e 2º para coñecer unha fábrica onde despezan as cabezas de porco, e outra onde cocen e preparan os mexillóns para vendelos despois.
... foi unha excursión moi interesante, e ademais .... ummm ... probamos os mexillóns alí mesmo e estaban riquíííííísimos.
Os nosos agradecementos para o papá de Nerea, alumna de 2º.