1/08/2013

FESTIVAL NADAL 2012



Os nenos e nenas de 3 anos bailaron coa Panxoliña dos Ratos metidiños en cadanseu capacho. Que guapos estaban !!!.

PANXOLIÑA

Insecto pao

Hoxe Daniel trouxo un bote con herba e 3 invitados que colleu a súa tía.
Explicounos que se chaman insectos pao e  "se non te coñecen quedan quietos como as estatuas".
E logo dixo Jorge "son del mismo color de la hierba porque así se camuflan".
Estivemos a ver tod@s a forma que teñen e o moito que se parecen aos paos.
Dani díxonos tamén que agora son verdes, pero cando medren un pouco van ser de cor marrón.



Nadal as covas

Celebramos o Nadal no colexio"As Covas"



Nadal nas Covas

Estamos facendo unha actividade.

div style="text-align: justify;">
Estamos facendo unha actividade.








Papá Noel cos nen@s de infantil








Papá Noel chegou ao cole en tractor!!  Trouxonos agasallos e caramelos para tod@, incluídos os profes. Aqui tedes imaxes de este día.

Festival Nadal"as covas"

O dia 20 celebramos o festival de Nadal no colexio

12/27/2012

Verdades e trolas


Na nosa clase estivemos a traballar a mentira.
Fixémolo a través de contos e cantigas para comprender a importancia de dicir sempre a verdade.
As familias tamén colaboraron con debuxos que fixeron c@s nen@s na casa.
Tod@s na clase estivemos a contar trolas e verdades ... tamén os profes. Con todo o material fixemos un libro que formará parte da biblioteca da aula.
Ás veces resulta difícil diferenciar as mentiras das bromas ... seguiremos a traballalo durante todo o curso.


12/23/2012

5 sentidos: o tacto

     Estivemos a traballar no mes de decembro o sentido do tacto, e comprobamos que o temos ao longo de toda  a nosa pel. Coa axuda de profe Charo fixemos unha experiencia na aula (co material que aportaron as familias) e manipulamos difentes texturas, amasamos leite con fariña, percibimos frío e quente, duro e brando..... Aprendemos moitas cousas ... e foi moi divertido!!!!
     Como non queriamos mesturar outros sentidos, tapamos o nariz e a boca con mascarillas que nós mesmos decoramos.
.

12/07/2012

O medo

     Na clase de 5 anos B estivemos a traballar o medo desde diferentes aspectos ... e recollimos nun libro as aportacións de todo o alumnado e tamén dos mestres e mestras que nos dan clase.
Fixemos un libro  ... e este é o terrorífico resultado.

Open publication - Free publishing - More medo

11/27/2012

CHEGA O OUTONO ?

CHEGA O OUTONO
TRAS O VERÁN
CAEN AS FOLLAS
SECAS DE LUZ
OS PAXARIÑOS
PÍAN DE FRÍO
COA SÚA MALETA
MARCHAN AO SUR
CALZO AS MIÑAS BOTAS
COLLO O MEU PARAUGAS
CUN CHUVASQUEIRO
PORQUE ESTÁ CHOVENDO
CHOVE, CHA, CHA, CHÁ...









BICOS CON SABOR A CASTAÑA !! 

11/10/2012

... unha de dados.

A profe Almudena estivo a explicamos como xogar cos dados ... e facer cálculo mental. Ao principio contamos co dedo, pero pouco a pouco xa o iremos facendo mentalmente. É divertido, e ademais ... sumamos e restamos.
Estivemos a xogar tamén co t-toca. Temos que estar atent@s aos dados: cores, mans, pés, dereita, esquerda .... vaia lío !!!!


"rap" da castaña

No Colexio todo cheira a magosto, e na clase de 5 anos B estamos a aprender unha poesía da castaña...
con ritmo de "rap".  A profe pensou que isto sería moi doado (ja, ja...) ... non é tal!!!
Salvad@s !!!!. O profe Alberto ofreceuse a axudarnos co ritmo de "rap".

                                   Namoreime da castaña, 
                                   namoreime do ourizo, (eh, ah, eh, ah)
                                   namoreime de ti, rapaza,
                                   porque tes o pelo rizo. (eh, ah, eh, ah)  

As nosas belezas femininas da clase son as protagonistas deste "rap".
Noa Agernesh trouxo o pelo rizo de Etiopía, e  a  Paula, Lucía, Mariña, Sofía, Lara e Laura ... medroulles en Meaño. Mirade que guapas son !!!!!

  

11/03/2012

un artista ...inesperado.

Manolo, o avó de Lara e Mariña, trouxo unhas cabazas moi especiais: segundo a forma que teñen, el búscalles unha semellanza, e logo as decora. Mirade que marabilla!!!!!
Nós, esta semana, tamén estivemos a facer pantasmas, a falar do medo, a decorar os corredores, a asustar e levar sustos, a escoitar contos terroríficos, ...
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración ... cos doces e a decoración das cabazas.