Celebramos o Nadal no colexio"As Covas"
1/08/2013
Papá Noel cos nen@s de infantil
Papá Noel chegou ao cole en tractor!! Trouxonos agasallos e caramelos para tod@, incluídos os profes. Aqui tedes imaxes de este día.
12/27/2012
Verdades e trolas
Na nosa clase estivemos a traballar a mentira.
Fixémolo a través de contos e cantigas para comprender a importancia de dicir sempre a verdade.
As familias tamén colaboraron con debuxos que fixeron c@s nen@s na casa.
Tod@s na clase estivemos a contar trolas e verdades ... tamén os profes. Con todo o material fixemos un libro que formará parte da biblioteca da aula.
Ás veces resulta difícil diferenciar as mentiras das bromas ... seguiremos a traballalo durante todo o curso.
Etiquetas:
Aula de 5 anos B. Raquel V.
12/23/2012
5 sentidos: o tacto
Como non queriamos mesturar outros sentidos, tapamos o nariz e a boca con mascarillas que nós mesmos decoramos.
.
12/07/2012
O medo
Na clase de 5 anos B estivemos a traballar o medo desde diferentes aspectos ... e recollimos nun libro as aportacións de todo o alumnado e tamén dos mestres e mestras que nos dan clase.
Fixemos un libro ... e este é o terrorífico resultado.
Fixemos un libro ... e este é o terrorífico resultado.
Open publication - Free publishing - More medo
11/27/2012
CHEGA O OUTONO ?
CHEGA O OUTONO
TRAS O VERÁN
CAEN AS FOLLAS
SECAS DE LUZ
OS PAXARIÑOS
PÍAN DE FRÍO
COA SÚA MALETA
MARCHAN AO SUR
CALZO AS MIÑAS BOTAS
COLLO O MEU PARAUGAS
CUN CHUVASQUEIRO
PORQUE ESTÁ CHOVENDO
CHOVE, CHA, CHA, CHÁ...
TRAS O VERÁN
CAEN AS FOLLAS
SECAS DE LUZ
OS PAXARIÑOS
PÍAN DE FRÍO
COA SÚA MALETA
MARCHAN AO SUR
CALZO AS MIÑAS BOTAS
COLLO O MEU PARAUGAS
CUN CHUVASQUEIRO
PORQUE ESTÁ CHOVENDO
CHOVE, CHA, CHA, CHÁ...
11/21/2012
11/10/2012
... unha de dados.
A profe Almudena estivo a explicamos como xogar cos dados ... e facer cálculo mental. Ao principio contamos co dedo, pero pouco a pouco xa o iremos facendo mentalmente. É divertido, e ademais ... sumamos e restamos.
Estivemos a xogar tamén co t-toca. Temos que estar atent@s aos dados: cores, mans, pés, dereita, esquerda .... vaia lío !!!!
Estivemos a xogar tamén co t-toca. Temos que estar atent@s aos dados: cores, mans, pés, dereita, esquerda .... vaia lío !!!!
Etiquetas:
Aula de 5 anos B. Raquel V.
"rap" da castaña
No Colexio todo cheira a magosto, e na clase de 5 anos B estamos a aprender unha poesía da castaña...
con ritmo de "rap". A profe pensou que isto sería moi doado (ja, ja...) ... non é tal!!!
Salvad@s !!!!. O profe Alberto ofreceuse a axudarnos co ritmo de "rap".
Namoreime da castaña,
namoreime do ourizo, (eh, ah, eh, ah)
namoreime de ti, rapaza,
porque tes o pelo rizo. (eh, ah, eh, ah)
As nosas belezas femininas da clase son as protagonistas deste "rap".
Noa Agernesh trouxo o pelo rizo de Etiopía, e a Paula, Lucía, Mariña, Sofía, Lara e Laura ... medroulles en Meaño. Mirade que guapas son !!!!!

11/03/2012
un artista ...inesperado.
Manolo, o avó de Lara e Mariña, trouxo unhas cabazas moi especiais: segundo a forma que teñen, el búscalles unha semellanza, e logo as decora. Mirade que marabilla!!!!!
Nós, esta semana, tamén estivemos a facer pantasmas, a falar do medo, a decorar os corredores, a asustar e levar sustos, a escoitar contos terroríficos, ...
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración ... cos doces e a decoración das cabazas.
Nós, esta semana, tamén estivemos a facer pantasmas, a falar do medo, a decorar os corredores, a asustar e levar sustos, a escoitar contos terroríficos, ...
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración ... cos doces e a decoración das cabazas.
Etiquetas:
Aula de 5 anos B. Raquel V.
10/25/2012
Medos, sustos e máis sorpresas...
No corredor de Infantil 'apareceu' un castelo tenebroso habitado por fantasmas... e cando nós, @s nen@s de 4 anos o vimos preguntamos: qué é iso? E nós non temos? Por iso, ao chegar á clase levamos unha grata sorpresa... e invitamos a quen quixera entrar tamén no noso castelo...
Ademáis, con iso de que vén o Samaín, puxémonos a ambientar a nosa clase e de paso, asustar aos maiores que pasen polo corredor dándolles sustos fantasmagóricos...
Etiquetas:
Aula de 4 anos. Luisa,
samaín
Visita-paseo ao 'outro cole'
Os 'maiores' do outro edificio fixeron unha exposición de outono, no que tamén había varios tipos de uva. E nós, como estamos a investigar sobre as uvas (entre outras cousas...) alá que nos fomos a ver ese 'museo de outono'.
E de paso nos fixamos nos 'Arcimboldos' de outono dos nenos e nenas de 1º. Qué risa ao ver aos irmáns de Candela, Soraya e Raúl e máis o resto, con eses sombreiros de froitos, froitas e follas de outono!!!!
E de paso nos fixamos nos 'Arcimboldos' de outono dos nenos e nenas de 1º. Qué risa ao ver aos irmáns de Candela, Soraya e Raúl e máis o resto, con eses sombreiros de froitos, froitas e follas de outono!!!!
Etiquetas:
Aula de 4 anos. Luisa,
vendima
10/21/2012
Enredando coa pizarra dixital...
Os mércores imos á clase de Informática coa axuda da profe Almudena. Xogamos a xogos educativos (de puzzles, de colorear, de agrupar, de simetrías, etc.) nun ordenador para cada un/a.
Pero, o pasado mércores tamén aproveitamos para xogar na pizarra dixital, que nos encantou!!!! Como a profe Almudena lles contara o conto 'Corre, corre cabaciña', fixemos actividades relacionadas con el: crebacabezas, secuencias, memoria... Que interesante nos pareceu!! Porque hai que mirar, buscar e... sobretodo TOCAR na pantalla xigante!!!!!!!
O vindeiro mércores... repetimos!
Etiquetas:
Aula de 4 anos. Luisa,
pizarra dixital
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)