11/25/2011

Namasté Lancy

Esta semana recibimos no Colexio a visita de Namasté Lancy.
É unha persoa de India que traballa e colabora coa O.N.G. Fundación Vicente Ferrer.
Estivo a explicar ao alumnado de primaria cal é a realidade da infancia no seu país e as grandes diferenzas que existen con respecto a outros países ... en educación, sanidade, igualdade de sexos, ...
Explicoulles tamén a labor que está a facer a O.N.G. para a que el traballa.
Recibímolo todos na entrada do cole cunha enorme pancarta que fixeron os maiores ...  e cantándolle todos  a rianxeira.
Raquel V.




Tomando medidas

Esta semana Paula axudounos a facer a silueta do seu corpo. Medimos os seus brazos e as súas pernas, e ... estivemos a investigar onde poderíamos atopar  números : nos metros da clase, nas etiquetas daroupa, nos nosos zapatos...
Descalzámonos para comprobalo. Laura tiña o número máis grande e Daniel o máis pequeno.
Como xa estabamos descalzos, ... quitamos o calcetín e fixemos a nosa pegada nun folio.
Foi mooooooooi divertido !!!!!!!!!. Lucía e Laura axudaron a limpar os pes verdes dos compañeiros e compañeiras.
Cando as nosas pegadas estean secas, medirémolas todas.
Raquel V.




Pintor: Wassily Kandinski

Estamos a coñecer a vida do pintor ruso Wassily Kandinski e algunhas das súas obras.
Cada un fixo a súa  interpretación da obra: "Cuadrados con círculos concéntricos".
Ademais aprendimos a pintar con acuarelas.
Raquel V.



Pirámide dos alimentos

Estivemos a construír a pirámide dos alimentos para comprenderen mellor a importancia dunha alimentación saudable.
Fixémolo en varias fases e utilizamos os materiais que aportaron as familias e recortes de revistas.
Quedounos así ....
Raquel V.





11/16/2011

Magosto en E.I.

Hoxe celebramos a festa do Magosto no Colexio.
Os peques de E.I. estivemos a xogar coas castañas facendo un divertidísiiiiiiiiiimo circuíto: bailamos moi pegadiños coa castaña no medio, levamos unha culler na boca sen tirar a castaña, xogamos ao xogo das cadeiras, buscamos un tesouro, tiñamos que meter aros nos conos, ... e meter as castañas na boca da ra.

Cando remataron os xogos, saímos ao patio a comer as castañas ben quentiñas, cos demais compañeiros do cole.
Raquel V.





11/08/2011

Experimento: bebidas saudables

Estamos a traballar a alimentación saudable, dentro do Proxecto "coido a miña saúde". Por iso quiexemos investigar que bebidas inchan a barriga?.
A nosa investigación partiu de bebidas moi comúns na nosa vida diaria: auga, leite, kas, zume e coca cola.
Todos fixemos a nosa proposta .... e despois, coa axuda de globos e moito movemento, descubrimos como as bebidas con gas inchanban moitísimo os globos....  e as barrigas.
Despois de falar do que experimentamos, chegamos á conclusión de que as bebidas con gas non son saudables.
Raquel V.



10/30/2011

Samaín en E.I.

O venres celebramos a festa do Samaín no Colexio.
O alumnado de E.I. estivemos a facer un obradoiro de maquillaxe, ... para estaren terroríííííííficos.
Logo a profe Lidia contounos o conto Samaín na aula de música, ... que estaba chea de esqueletes, arañas e as nosas caveiras acesas. Tamén había unha música medrenta e todo estaba escuuuuuuro!!!!.
Cando rematou o conto estivemos a facer varios xogos no patio grande.
.... e despois .... a comerrrrrrrr.
Antes de marchar ás nosas casas todo o alumnado e profesorado do cole cantamos unha cantiga: a rianxeira.
O Equipo de E.I. agradecemos ás familias a súa colaboración.
Raquel V.




10/24/2011

Contos con lobo: Carapuchiña vermella

Estivemos a contar o conto de Carapuchiña vermella. É un conto que nos gusta moitísimo, e ademais ten moitas escenas divertidas que nos permiten cambiar as voces e convertirnos en personaxes diferentes.
Por iso gustounos moito disfrazarnos de lobo, de aboa, de cazadores ....
Äs veces cóstanos un pouco falar, ... pero os que fan de público poden axudar.
Raquel V.





Fantasmóns do Samaín

Hoxe os nenos e nenas da aula de 4 anos B estivemos na cociña para facer fantasmóns.
Daaaaaban medo !!!! Como xa sabedes esta semana imos celebrar o Samaín.
Primeiro lavamos as mans, porque cos alimentos sempre hai que ter as mans moi limpiñas.
Logo collimos o pan de molde e os lacasitos.
Empezamos colocando os ollos, e logo fixemos a boca. Alguén non foi capaz de resistir a tentación ... e comeu os lacasitos, outros rodaron polo chan ....
Despois de rematar os fantasmóns comimos un e gardamos os outros para levar á casa.
Xa na clase, escribimos a receita.
Raquel V.






10/23/2011

Naceu JARA

Hoxe pola tarde naceu Jara, a filla da profe Luisa.
Desde as aulas de E.I. os nenos e nenas ... e as súas profes, mandámoslles moitos bicos ás dúas campionas. Esperamos que te recuperes pronto.
RaquelV.

Coido a miña saúde.

Estamos a traballar nun Proxecto sobre a saúde, e por iso o alumnado de 4 anos A e B recibimos no cole a visita dunha dentista: Antía Galego.
Explicounos, coa axuda de Bob Esponja, que debemos facer e como debemos alimentarnos para manter unha boca saudable.

Explicounos tamén como traballan as caries para danar os nosos dentes, ... e contounos o conto Yared vai ó dentista.  Antes de rematar respondeu ás nosas preguntas.

Xa na clase,  estivemos a poñer en práctica os consellos de Antía Galego, ... e para iso empregamos un cepillo e unha dentadura mooooooooooi pequeniños !!!!!

Raquel V.



Outono no xardín do colexio

A semana pasada, os nenos e nenas da aula de 4 anos B, estivemos a explorar o xardín do cole.
Descubrimos que todo está moi seco ... e non atopamos cogumelos.
Andivemos por as follas secas, visitamos o estanque para ver as carpas e as ras, ... e tamén collimos algunhas castañas dentro dos seus ourizos.
Piiiiiiiiiinchan !!!!! dixeron algúns.

Pasamos un rato moi divertido.
Raquel V.





10/13/2011

Cor laranxa

No traballo por proxectos é importante facer tamén pequenas investigacións.
Esta semana quixemos saber que cores precisamos para facer a cor laranxa. Todos fixemos a nosa proposta de como logralo, ... e finalmente fixemos o experimento para coñecer o resultado.
Mesturamos e mesturamos ata que saíu LARANXA.
Houbo sorpresas ... e foi moi divertido.
Raquel V.




10/12/2011

Chuchi, mascota de 4 anos B

Precisabamos unha mascota para a nosa aula, ... e foi difícil chegar a acordos, porque elixíronse animais diferentes. Por iso fixemos unha votación, e logo outra ... e outra. É un can.
Elixir un nome foi moito máis difícil, ... e houbo que seguir votando: CHUCHI.
Finalmente todos colaboramos na súa construción ... e quedounos así.
Raquel V.







10/02/2011

... empezou na Prehistoria

Ao longo deste curso, na aula de 4 anos B, imos desenvolver un proxecto sobre arte.
Para motivar aos artistas partimos do conto Croniñón, ... e así estivemos durante uns días a decorar as paredes da nosa cova prehistórica: fixémolo primeiro coas mans e despois utilizamos rotuladores. 
Raquel V.