10/24/2011

Contos con lobo: Carapuchiña vermella

Estivemos a contar o conto de Carapuchiña vermella. É un conto que nos gusta moitísimo, e ademais ten moitas escenas divertidas que nos permiten cambiar as voces e convertirnos en personaxes diferentes.
Por iso gustounos moito disfrazarnos de lobo, de aboa, de cazadores ....
Äs veces cóstanos un pouco falar, ... pero os que fan de público poden axudar.
Raquel V.





Fantasmóns do Samaín

Hoxe os nenos e nenas da aula de 4 anos B estivemos na cociña para facer fantasmóns.
Daaaaaban medo !!!! Como xa sabedes esta semana imos celebrar o Samaín.
Primeiro lavamos as mans, porque cos alimentos sempre hai que ter as mans moi limpiñas.
Logo collimos o pan de molde e os lacasitos.
Empezamos colocando os ollos, e logo fixemos a boca. Alguén non foi capaz de resistir a tentación ... e comeu os lacasitos, outros rodaron polo chan ....
Despois de rematar os fantasmóns comimos un e gardamos os outros para levar á casa.
Xa na clase, escribimos a receita.
Raquel V.






10/23/2011

Naceu JARA

Hoxe pola tarde naceu Jara, a filla da profe Luisa.
Desde as aulas de E.I. os nenos e nenas ... e as súas profes, mandámoslles moitos bicos ás dúas campionas. Esperamos que te recuperes pronto.
RaquelV.

Coido a miña saúde.

Estamos a traballar nun Proxecto sobre a saúde, e por iso o alumnado de 4 anos A e B recibimos no cole a visita dunha dentista: Antía Galego.
Explicounos, coa axuda de Bob Esponja, que debemos facer e como debemos alimentarnos para manter unha boca saudable.

Explicounos tamén como traballan as caries para danar os nosos dentes, ... e contounos o conto Yared vai ó dentista.  Antes de rematar respondeu ás nosas preguntas.

Xa na clase,  estivemos a poñer en práctica os consellos de Antía Galego, ... e para iso empregamos un cepillo e unha dentadura mooooooooooi pequeniños !!!!!

Raquel V.



Outono no xardín do colexio

A semana pasada, os nenos e nenas da aula de 4 anos B, estivemos a explorar o xardín do cole.
Descubrimos que todo está moi seco ... e non atopamos cogumelos.
Andivemos por as follas secas, visitamos o estanque para ver as carpas e as ras, ... e tamén collimos algunhas castañas dentro dos seus ourizos.
Piiiiiiiiiinchan !!!!! dixeron algúns.

Pasamos un rato moi divertido.
Raquel V.





10/13/2011

Cor laranxa

No traballo por proxectos é importante facer tamén pequenas investigacións.
Esta semana quixemos saber que cores precisamos para facer a cor laranxa. Todos fixemos a nosa proposta de como logralo, ... e finalmente fixemos o experimento para coñecer o resultado.
Mesturamos e mesturamos ata que saíu LARANXA.
Houbo sorpresas ... e foi moi divertido.
Raquel V.




10/12/2011

Chuchi, mascota de 4 anos B

Precisabamos unha mascota para a nosa aula, ... e foi difícil chegar a acordos, porque elixíronse animais diferentes. Por iso fixemos unha votación, e logo outra ... e outra. É un can.
Elixir un nome foi moito máis difícil, ... e houbo que seguir votando: CHUCHI.
Finalmente todos colaboramos na súa construción ... e quedounos así.
Raquel V.







10/02/2011

... empezou na Prehistoria

Ao longo deste curso, na aula de 4 anos B, imos desenvolver un proxecto sobre arte.
Para motivar aos artistas partimos do conto Croniñón, ... e así estivemos durante uns días a decorar as paredes da nosa cova prehistórica: fixémolo primeiro coas mans e despois utilizamos rotuladores. 
Raquel V.



9/16/2011

Contos con lobo: Os 3 porquiños e o lobo Feroz

Ao longo do 1º trimestre imos traballar na clase os contos con lobo.
Empezamos cun conto moi coñecido por tod@s nós: Os 3 porquiños e o lobo Feroz.
Cóstanos un pouquiño falar para os demais, pero coincidimos en que é diverdííííííísimo disfrazarmos e contar o conto. 
... e mentres uns representan o seu papel , outros somos espectadores. 
Sabedes???? Ao final hai grandes aplausos e moitas risasssss.






Somos nós: 4 anos B



Este ano somos moit@s na clase: 18 e a profe Raquel.
Temos 2 novas incorporacións: Uxío e Estrela. Os demais xa nos coñecemos moi ben do ano pasado, ... e mandámoslle un bico moooooooi grande e mooooooi rico a profe Silvia.
Acordámonos tamén doutras profes que xa non están no cole, ... e tamén para elas gardamos uns poucos bicos: profe Tamna, profe Betty, profe Pilar....
Esperamos que pronto nos escriban ou nos fagan comentarios no blog. 

6/28/2011

Vídeo Festival 2011


Un ano máis, un curso máis...tantas experiencias.
Felices vacacións a tod@s!!
Ata o vindeiro curso!!


6/08/2011

Peque ... visita.

Onte recibimos no Cole aos nenos e nenas que van a empezar a escola o próximo curso.

Uns viñeron acompañados das súas mamás e papás, e outros das súas profes da guardería.
Ensinámoslles o Colexio, ... estivemos a cantar, bailar e tocar varios instrumentos na clase do profe Alberto.
Logo estiveron nas aulas de E.I. colorando e xogando.
Sabedes ???? ...algúns xa teñen irmáns maiores no Cole.
Tamén estivemos a xogar no patio, ... e máis tarde ensinámoslles o estanque e o horto.
... vémonos en setembro !!!!






6/05/2011

Ratoncito Pérez

Este curso, na clase de 5 anos , recibimos moitas veces a visita de Ratoncito Pérez.
O certo é que ... ver, o que se di ver, nós aínda non o vimos, ... pero estivo varias noites nas casas d@s nen@s, ... e coa súa mochila chea de agasallos.
Seguro que antes de que remate o curso aínda volve por aquí.

Raquel V.





Nós tamén sabemos ... pescar

As nenas e nenos de 5 anos estivemos a pescar na clase.
Parecíanos moi... moi ... moi fácil. Pero non é tal !!!
Tivemos que facer varios intentos antes de conseguir enganchar o anzó co peixe.
Bueno ... a algúns levounos máis tempo ca outros. Pero é realmente divertidísimo.

Moitas grazas profe Pilar de 4 anos por emprestarnos o voso xogo.

Raquel V.





6/03/2011

Antonio o "Parapeta"

      Hoxe estivo no Colexio un pescador moi especial: Antonio o Parapeta.
Ten nome de pirata, .... pero non é un pirata, aínda que ten navegado por moitos mares e océanos.
   Trouxo moitas cousas  moi interesantes ... corais, peixes, cunchas, cabaliños de mar, espadas de peixe espada, ...
Estivo a explicarnos todas as dúbidas que tiñamos e a respostar ás nosas preguntas.