4/29/2011

Bailando o aro

Este curso no patio de Educación Infantil divertímonos moito bailando o aro e saltando á corda.
Practicamos moito, moito, moito ..... e mirade que ben o facemos!!!!!
.... e tamén se atreve ... o profe Sergio.





4/28/2011

Espantoso e nós

As nenas e nenos de 5 anos fixemos a Espantoso na nosa clase. Trouxemos roupa vella da casa para vestilo, ... e logo fixemos a cabeza.
Tiña que ter unha cara moi moi moi fea para asustar aos paxaros. 
Uxía dixo que podiamos pintarlle a cara de dúas cores ... e o fixemos.
Logo fixemos unha votación para elixir o seu nome ... e decidimos que sería Espantoso, polo feiiiiiiiisimo que é.







O horto

Todos os cursos sementamos no horto do colexio.
As nenas e nenos de Educación Infantil fixemos 6 equipos e sementamos fresas, pipas de xirasoles, fabas, cenoiras...
Cada semana retiramos as herbas e tamén regamos.
 Sabedes???? ... para que os paxaros non coman as nosas plantas, en cada aula construímos un espantallo. 
O espantallo de 5 anos chámase Espantoso. O de 4 anos chámase Non sei.
Xa vos presentaremos os espantallos de 3 anos cando estean rematados.



... e despois de sementar ... hai que regar.

  






2º trimestre: ovos de Pascua

Antes das vacacións estivemos moi atareados as nenas e nenos de 5 anos: coas témperas decoramos ovos de Pascua.
Utilizamos moitas cores ... e quedaron así de bonitos.





Rematamos o 2º trimestre.

Este trimestre foi moi longo e na clase de 5 anos estivemos a traballar moitas cousas.
Aprendimos como funcionan algunhas máquinas e para que serven.
Tamén construímos un robot.
... e finalmente fixemos unha excursión cos alumnos/as de 1º e 2º para coñecer unha fábrica onde despezan as cabezas de porco, e outra onde cocen e preparan os mexillóns para vendelos despois.
... foi unha excursión moi interesante, e ademais .... ummm ... probamos os mexillóns alí mesmo e estaban riquíííííísimos.
Os nosos agradecementos para o papá de Nerea, alumna de 2º.

























3/14/2011

Gañadores Discapnet 2011


Presentamos o traballo feito na nosa escola por todos as mestras, mestres, enfermeira e coidadora para a integración na sociedade de todos os membros con igualdade e sen descriminación. O noso centro foi finalista entre centos de candidaturas a nivel estatal de colectivos importantes e empresas de renome como La Caixa, RENFE, VODAFONE, REPSOL, etc.
O xoves ás 12:00 en Madrid cumpliuse "un sono na bandexa" para as mestras e mestres e as alumnas e alumnos de 2º, e para o resto de nenas e nenos dos outros cursos da nosa escola que fixeron posible este traballo: CONSEGUÍMOLO.
Grazas a todos: pais, nais, nenas e nenos, en especial a todo o equipo de mestres que traballan cada día para mellorar a nosa sociedade, sen eles este sono non sería posible.

Grazas aos que estiveron traballando e agora non están na escola pero si no noso corazón.
Grazas a Nerea por enseñarnos tanto.

Pedro Alberto Padín Solla

Director do Ceip As Covas

3/04/2011

Finalistas ao premio Discapnet

Recoñecemento ao traballo ben feito, grazas a todas e todos, ás mestras e mestres que estiveron nesta escola e que aínda están, polo seu traballo diario.

http://www.discapnet.es/Castellano/Actualidad/Discapacidad/Paginas/detalle.aspx?Noticia=261272

Pedro Alberto Padín Solla
Director