A semana pasada estivemos a traballar
o oído, para o que contamos coa colaboración do
profe Alberto e de
Alia (a enfermeira do cole).
Co profe Alberto traballamos
calidades do son: agudo-grave, rápido-lento, ... e fixemos varios xogos para recoñecer instrumentos, animais ....
Con Alia escoitamos os
latexos do corazón. Explicounos que é un fonendo e como funciona. Foi un momento cheo de sorpresas porque algúns esccoitaban "glu glu", "porrón porrón", "tic tic". Alguén tivo que facer varios intentos ... porque ... "non se escoita nada nada".
Escoitamos tamén
o silencio, pero ... moooooi pouco tempo !!!!.
Foi unha actividade moi divertida e na que aprendemos moito.