No corredor de Infantil 'apareceu' un castelo tenebroso habitado por fantasmas... e cando nós, @s nen@s de 4 anos o vimos preguntamos: qué é iso? E nós non temos? Por iso, ao chegar á clase levamos unha grata sorpresa... e invitamos a quen quixera entrar tamén no noso castelo...
Ademáis, con iso de que vén o Samaín, puxémonos a ambientar a nosa clase e de paso, asustar aos maiores que pasen polo corredor dándolles sustos fantasmagóricos...