Na nosa clase estamos a traballar a vendima. Falando, falando ... soubemos que en moitas casas de Meaño teñen viñas, uvas brancas e tintas, ...
Nós pintamos acios para facer viseiras, e quedáronnos así de bonitas!!!!
Tamén estamos a aprender unha poesía moi curtiña:
A VENDIMA As uvas na viña están a madurar; pronto, pronto, pronto hai que vendimar.
O mércores 19 foi o cumpre de Lucía. Como as tortas e roscas as comemos tod@s xuntos ao final do trimestre, ese día fixémoslle unha coroa, cantámoslle 'Cumpreanos Feliz' e sopramos as 4 candeas!
E como agasallo démoslle unha 'ducha de bicos'!!!!!!!
Xa comezamos un novo curso ... e na clase de 5 anos B estamos a falar dos amigos e amigas, de cousas que estivemos a facer este verán, de outras que imos facer este curso.
... e falando, falando todos falamos de Estrela, a nosa compañeira. Este curso Estrela e Miguel están un pouco lonxe, en Ourense.
Nós mandámoslles un biiiiico moi grande e ruidoso desde Meaño.
Fálanos pronto e visítanos cando poidas.
Xa nos dixo o su pai que está moi contenta e que ten amigos e amigas novas.