A empresa Augas de Mondariz, colabora co fomento da lectura na nosa escola doando unha bolsa para levar os libros de lectura das bibliotecas da escola e da aula.
Moitas grazas por colaborar coa escola pública.
11/29/2011
11/25/2011
Namasté Lancy
Esta semana recibimos no Colexio a visita de Namasté Lancy.
É unha persoa de India que traballa e colabora coa O.N.G. Fundación Vicente Ferrer.
Estivo a explicar ao alumnado de primaria cal é a realidade da infancia no seu país e as grandes diferenzas que existen con respecto a outros países ... en educación, sanidade, igualdade de sexos, ...
Explicoulles tamén a labor que está a facer a O.N.G. para a que el traballa.
Recibímolo todos na entrada do cole cunha enorme pancarta que fixeron os maiores ... e cantándolle todos a rianxeira.
Raquel V.

Tomando medidas
Esta semana Paula axudounos a facer a silueta do seu corpo. Medimos os seus brazos e as súas pernas, e ... estivemos a investigar onde poderíamos atopar números : nos metros da clase, nas etiquetas daroupa, nos nosos zapatos...
Descalzámonos para comprobalo. Laura tiña o número máis grande e Daniel o máis pequeno.
Como xa estabamos descalzos, ... quitamos o calcetín e fixemos a nosa pegada nun folio.
Foi mooooooooi divertido !!!!!!!!!. Lucía e Laura axudaron a limpar os pes verdes dos compañeiros e compañeiras.
Cando as nosas pegadas estean secas, medirémolas todas.

11/16/2011
Magosto en E.I.
Hoxe celebramos a festa do Magosto no Colexio.
Os peques de E.I. estivemos a xogar coas castañas facendo un divertidísiiiiiiiiiimo circuíto: bailamos moi pegadiños coa castaña no medio, levamos unha culler na boca sen tirar a castaña, xogamos ao xogo das cadeiras, buscamos un tesouro, tiñamos que meter aros nos conos, ... e meter as castañas na boca da ra.
Cando remataron os xogos, saímos ao patio a comer as castañas ben quentiñas, cos demais compañeiros do cole.

11/08/2011
Experimento: bebidas saudables
Estamos a traballar a alimentación saudable, dentro do Proxecto "coido a miña saúde". Por iso quiexemos investigar que bebidas inchan a barriga?.
A nosa investigación partiu de bebidas moi comúns na nosa vida diaria: auga, leite, kas, zume e coca cola.
Todos fixemos a nosa proposta .... e despois, coa axuda de globos e moito movemento, descubrimos como as bebidas con gas inchanban moitísimo os globos.... e as barrigas.
Despois de falar do que experimentamos, chegamos á conclusión de que as bebidas con gas non son saudables.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)