10/30/2011

Samaín en E.I.

O venres celebramos a festa do Samaín no Colexio.
O alumnado de E.I. estivemos a facer un obradoiro de maquillaxe, ... para estaren terroríííííííficos.
Logo a profe Lidia contounos o conto Samaín na aula de música, ... que estaba chea de esqueletes, arañas e as nosas caveiras acesas. Tamén había unha música medrenta e todo estaba escuuuuuuro!!!!.
Cando rematou o conto estivemos a facer varios xogos no patio grande.
.... e despois .... a comerrrrrrrr.
Antes de marchar ás nosas casas todo o alumnado e profesorado do cole cantamos unha cantiga: a rianxeira.
O Equipo de E.I. agradecemos ás familias a súa colaboración.
Raquel V.




10/24/2011

Contos con lobo: Carapuchiña vermella

Estivemos a contar o conto de Carapuchiña vermella. É un conto que nos gusta moitísimo, e ademais ten moitas escenas divertidas que nos permiten cambiar as voces e convertirnos en personaxes diferentes.
Por iso gustounos moito disfrazarnos de lobo, de aboa, de cazadores ....
Äs veces cóstanos un pouco falar, ... pero os que fan de público poden axudar.
Raquel V.





Fantasmóns do Samaín

Hoxe os nenos e nenas da aula de 4 anos B estivemos na cociña para facer fantasmóns.
Daaaaaban medo !!!! Como xa sabedes esta semana imos celebrar o Samaín.
Primeiro lavamos as mans, porque cos alimentos sempre hai que ter as mans moi limpiñas.
Logo collimos o pan de molde e os lacasitos.
Empezamos colocando os ollos, e logo fixemos a boca. Alguén non foi capaz de resistir a tentación ... e comeu os lacasitos, outros rodaron polo chan ....
Despois de rematar os fantasmóns comimos un e gardamos os outros para levar á casa.
Xa na clase, escribimos a receita.
Raquel V.






10/23/2011

Naceu JARA

Hoxe pola tarde naceu Jara, a filla da profe Luisa.
Desde as aulas de E.I. os nenos e nenas ... e as súas profes, mandámoslles moitos bicos ás dúas campionas. Esperamos que te recuperes pronto.
RaquelV.

Coido a miña saúde.

Estamos a traballar nun Proxecto sobre a saúde, e por iso o alumnado de 4 anos A e B recibimos no cole a visita dunha dentista: Antía Galego.
Explicounos, coa axuda de Bob Esponja, que debemos facer e como debemos alimentarnos para manter unha boca saudable.

Explicounos tamén como traballan as caries para danar os nosos dentes, ... e contounos o conto Yared vai ó dentista.  Antes de rematar respondeu ás nosas preguntas.

Xa na clase,  estivemos a poñer en práctica os consellos de Antía Galego, ... e para iso empregamos un cepillo e unha dentadura mooooooooooi pequeniños !!!!!

Raquel V.



Outono no xardín do colexio

A semana pasada, os nenos e nenas da aula de 4 anos B, estivemos a explorar o xardín do cole.
Descubrimos que todo está moi seco ... e non atopamos cogumelos.
Andivemos por as follas secas, visitamos o estanque para ver as carpas e as ras, ... e tamén collimos algunhas castañas dentro dos seus ourizos.
Piiiiiiiiiinchan !!!!! dixeron algúns.

Pasamos un rato moi divertido.
Raquel V.





10/13/2011

Cor laranxa

No traballo por proxectos é importante facer tamén pequenas investigacións.
Esta semana quixemos saber que cores precisamos para facer a cor laranxa. Todos fixemos a nosa proposta de como logralo, ... e finalmente fixemos o experimento para coñecer o resultado.
Mesturamos e mesturamos ata que saíu LARANXA.
Houbo sorpresas ... e foi moi divertido.
Raquel V.




10/12/2011

Chuchi, mascota de 4 anos B

Precisabamos unha mascota para a nosa aula, ... e foi difícil chegar a acordos, porque elixíronse animais diferentes. Por iso fixemos unha votación, e logo outra ... e outra. É un can.
Elixir un nome foi moito máis difícil, ... e houbo que seguir votando: CHUCHI.
Finalmente todos colaboramos na súa construción ... e quedounos así.
Raquel V.







10/02/2011

... empezou na Prehistoria

Ao longo deste curso, na aula de 4 anos B, imos desenvolver un proxecto sobre arte.
Para motivar aos artistas partimos do conto Croniñón, ... e así estivemos durante uns días a decorar as paredes da nosa cova prehistórica: fixémolo primeiro coas mans e despois utilizamos rotuladores. 
Raquel V.